![]() |
Reunión do grupo de traballo sobre Patrimonio Medioambiental e cultural (26-10-15) |
Estas reunións tiñan por obxecto colaborar no Plan Estratéxico de Desenvolvemento Local, como entidade participativa de cara ao vindeiro período FEMP (2014-2020). A nosa aportación, sempre cun sentido patrimonialista, vai encamiñada a lograr que o traballo que veñen realizando os ardóbrigos Víctor Garabana e Ramón Infante de recompilación da microtoponimia costeira do Golfo Ártabro poida ser rematado e debidamente posto en valor.
![]() |
Presentación do Plan Estratéxico (11-11-15) |
A estrutura organizativa, os medios e o financiamento do GALP poden ser de gran valor tamén para desenvolver outros proxectos que temos en curso, polo que ímos presentar a nosa solicitude de adhesión ao Grupo como nos pediron.
A estas reunións asistiron representantes dos concello do Sector, das confrarías de pascadores e mariscadores, representantes da empresa privada e de asociacións culturais e ecoloxístas. os organizadores teñen especial empeño na participación das entidades asociativas, de maneira que se coñecedes grupos interesados en participar que contacten a través de
galpgolfoartabronorte@gmail.com