Actuaba como presidenta do xurado encargado de elixir o traballo gañador a concelleira de Cultura Yolanda Vázquez, como secretario o bibliotecario e arquiveiro Alexandre Caínzos e como vocais os prestixosos investigadores X.M. González Reboredo, J.M. Cardesín e J.M. Yáñez.
Desta vez o traballo que resultou gañador foi o que levaba por título O santuario do Breamo. Retrato dunha montaña sagrada, realizado polo profesor Antón Prego Fernández.
Yolanda Vázquez, Antón Prego, Bernardo Fernández e Alexandre Caínzos. Foto Ríos. |
O autor, socio fundador da asociación Ardóbriga, declarou que a orixe deste traballo está nas visitas guiadas a Breamo que realiza todos os anos cos alumnos de Antropoloxia de 1º de bacharelato do IES Breamo de Pontedeume e cos de 1º eso do CPI Castro Baxoi de Miño como actividade divulgadora de Ardóbriga. A procura de argumentos que ofrecesen aos rapaces e rapazas unha visión amplificada do conxunto arqueolóxico, superadora das lecturas tradicionais en clave histórico-artística da capela ou a meramente festeira das romarías, levou á compilación dun extenso material antropolóxico, etnográfico e de historia das relixións que fixo necesario un ordenamento que tivo como consecuencia final este traballo que será publicado no nº 23 da revista Cátedra no ano 2016.
Non é esta a primeira vez que este premio recae en membros da nosa asociación, lembremos a ilustres ardóbrigos como Carlos de Castro, Lucía Costas, Carola Macedo ou Juan Carlos Arias. Todos eles gañadores do premio de investigación Concello de Pontedeume e colaboradores activos coa protección, a divulgación e o coñecemento do patrimonio material e inmaterial, da cultura e da historia.
Dende Ardóbriga esperamos que este traballo valga como contribución á consecución dos nosos obxectivos, en especial co relativo á protección do patrimonio cultural local, e que tamén sirva de apoio á declaración BIC do conxunto Breamo-Castrelo-Vila romana de Centroña.
ferrol360.es
diariodeferrol.com
lavozdegalicia.es
No hay comentarios:
Publicar un comentario