O pasado día 27 de abril clausurouse en Pontedeume a exposición que baixo o título 150 anos dunha vila mariñeira. Pontedeume 1865-2015 ocupaba dende o 17 do mesmo mes tres sás da Casa da Cultura da vila. A mostra pasou antes polas vilas de Rianxo, Narón e Ortigueira e de seguido irá a As Pontes.
Cumpre dicir que a exposición non pasou desapercibida na vila de Pontedeume. A asistencia de público entusiasta todos os días en que estivo aberta, así como os comentarios que se podían escoitar entre os asistentes, son a mellor testemuña da acollida con que foi recibida a mostra. E non era para menos: a calidade das reproduccións fotográficas, os paneis informativos, as maquetas e os vídeos conformaron un todo cheo de referentes visuais tan cercanos ao sentir dos eumeses que en non poucas ocasións podíanse escoitar emocionados comentarios identificando momentos pasados de xuventude e infancia, lembrando a irmáns, pais e avós ou lugares que xa non existen.
Pero se a mostra non deixou a ninguén indiferente, o seu espléndido libro catálogo non deixou pegada menor. Unha edición de verdadeiro luxo cun formato e deseño impecables, magníficas reproducións fotográficas que superaron en número ás da mostra e unha coidada selección de artigos de divulgación, no que participaron como redactores-colaboradores ata cinco membros de Ardóbriga. Todo iso fixo que o día da inauguración andasen de man en man polas rúas dos viños de Pontedeume suscitando toda clase de comentarios. Os encargos á organizadora 8mares desbordaron ás escasas previsións dos patrocinadores (Deputación de A Coruña e Concello de Pontedeume) e vai ser necesaria unha nova edición para cubrir a demanda de eumeses da vila e da diáspora así como de curiosos doutras vilas mariñeiras cun pasado semellante.
Para Ardóbriga, como asociación que busca a protección do patrimonio local, a mostra serviu ademáis para por de manifesto as múltiples agresións sofridas na paisaxe urbana e rural da nosa comarca. Pódese ver o Pontedeume que foi e comparar co pouco que del queda a día de hoxe. Pódense ver casas e rúas cheas de vida, uns volumes arquitectónicos coherentes, o pazo dos Andrade, o Breamo sen eucaliptos. Certo é que tamén se pode ver a miseria e a desigualdade, pero, era necesario pagar coa destrucción da vila un progreso que ao final nunca dou chegado realmente?
En definitiva, os nosos máis sinceros parabéns para 8mares como entidade organizadora deste evento e un especial agradecemento a o artífice coordinador Xavier Brisset, investigador e divulgador cultural como poucos, polo seu traballo e aportación animadora da precaria vida cultural eumesa e a quen animamos a repetir con outras iniciativas semellantes.
luns, 4 de maio de 2015
venres, 14 de novembro de 2014
PUBLICACIÓN DO MONOGRÁFICO DO CENTENARIO DO TORQUES DE CENTROÑA
Por fin, tras innumerables atrancos e con nada menos que dous anos de retraso, sae á luz o monográfico que elaboramos dende Ardóbriga con motivo do centenario do achado do Torques de Centroña en 1912: O Torques de Centroña cen anos despois. Publícase como suplemento do nº 21 da revista Cátedra e a o podedes ler na súa versión a cor e formato pdf na web da mesma.
Engadimos seguidamente o texto íntegro leído no acto de presentación polo coordinador da obra Antón Prego Fernández o pasado 10 de outubro no Salón de Actos da Casa da Cultura do concello de Pontedeume:
BOAS TARDES
O Torques de Centroña saíu á luz en setembro de 1912 de maneira casual, nos labores da colleita das patacas. Aboiou das entrañas da terra coma un resucitado que retorna do outro mundo para iniciar unha nova vida.
Estas son as primeiras frases do texto de presentación dunha monografía que tiña que levar dous anos xa publicada e que, por extrañas vicisitudes de distinta índole, veu retrasado o seu alumeamento. Vicisitudes que caseque por si mesmas darían material para unha nova monografía ou polo menos un artigo na revista Cátedra para cando ésta celebre o seu propio centenario. Pero ese labor ímolo deixar para as xeracións vindeiras, para que, se cadra, nos poñan a cada un de nós no lugar que teñamos merecido.
Pero o caso é que a monografía que leva por título O Torques de Centroña cen anos despois sae por fin do prelo ao abeiro da nosa querida revista Cátedra. O resultado para a asociación Ardóbriga é máis que satisfactorio, xa que conseguimos sacar adiante o proxecto que nos propoñéramos aló por febreiro de 2012 e que consta dos seguintes artigos:
O primeiro leva por título: 1912. Achado arqueolóxico en Pontedeume!, vai asinado por dous membros da asociación Ardóbriga (Ramón Infante e Antón Prego) e narra a vida do torques dende o momento do seu descubremento ata a actualidade.
Séguelle un detallado artigo de Aurelia Balseiro: O Torques de Centroña na ourivaría Castrexa. Directora do Museo Provincial de Lugo e responsable ata hai aproximadamente un ano da custodia do Torques, Balseiro é unha gran especialista en ourivaría castrexa e a persoa máis indicada para facer a análise técnica descritiva da peza que lle pedimos dende Ardóbriga.
A continuación temos unha colaboración titulada Os atributos do guerreiro, as ofrendas da comunidade. A interpretación dos torques a través da iconografía de dous investigadores de prestixo internacional: Xosé-Lois Armada e Óscar García-Vuelta que desenvolven as posibles funcións destes obxectos nas sociedades nas que foron fabricados e utilizados en base ás súas representacións iconográficas.
Seguidamente, e de man da arqueóloga Mª Carmen Martínez, temos un Catálogo de Torques Ártabros (que é a tipoloxía á que se adscribe o de Centroña), debidamente actualizado e contextualizado e que ben pode valer como referente para outros autores que traballen estes temas no futuro.
Despois ven o artigo titulado Os territorios e cidades ártabras, do arqueólogo e colaborador habitual de Ardóbriga Fidel Méndez que, perfilando o contexto etnohistórico do pobo ártabro, creador artesán de xoias como o Torques de Centroña, senta as bases para unha innovadora liña de investigación sobre ese pobo prerromano.
Remata a monografía cunha breve reseña titulada O Torques de Centroña, a Asociación Ardóbriga e o Proxecto Castro de Castrelo na que explicamos as razóns que nos levaron a utilizar o Torques como imaxe corporativa e as actividades que a asociación Ardóbriga venimos realizando dende a nosa fundación en relación co que denominamos Proxecto Castro de Castrelo e que ten como fin último a posta en valor do mesmo e a declaración BIC do xacemento.
Non querería rematar esta presentación sen antes expresar a gratitude da Asociación Ardóbriga aos autores e autoras dos diferentes artigos polos seus excelentes e desinteresados traballos e tamén pola súa infinita paciencia, ao Consello de Redacción de Cátedra e ao seu coordinador Alexandre Caínzos polo apoio ao noso proxecto e ao Concello de Pontedeume como editor final da obra.
MOITAS GRAZAS

martes, 8 de xullo de 2014
CLASIFICACIÓN E SIGLADO DOS MATERIAIS DE A ÍNSUA
Por fin, tres anos despois de rematar a intervención arqueilóxica no castro de A Ínsua en Boebre (Pontedeume), poidemos continuar cos traballos de siglado e clasificación dos materiais atopados no xacemento. A subvención da Deputación provincial de A Coruña do ano 2013 financia parte dos gastos correspondentes a estes traballos e máis á datación dos restos humanos máis antigos aparecidos na derradeira xornada de escavación en outubro de 2011.
O porqué do retraso na conclusión destes labores témola na prohibición de solicitar a subvención do 2012 para un proxecto do ano anterior, co que non poidemos facelo ata o ano 2013. Ademáis a Deputación leva un ano de retraso, por causas que descoñecemos, na concesión e pago das súas subvencións.

![]() |
Estes traballos son financiados pola Deputación de A Coruña |
sábado, 21 de xuño de 2014
ACTIVIDADE DE DIVULGACIÓN CO CPI "CASTRO BAXOI"
Desta volta tivemos mellor sorte co tempo que do ano pasado e máis coa dos alumnos do IES Breamo: o día estivo estupendo e mesmo pasamos algunha calor moi de agradecer despois dun longo inverno.
O percorrido comezou coma sempre co traslado en autobús dos alumnos de 1º eso do CPI Castro Baxoi en Miño ata o cumio do monte Breamo, pasando polo val do Xarío (hoxe urbanización pantasma de Costa Miño Golf) onde informamos dos traballos arqueolóxicos que se fixeron cando as obras de urbanización, dos achados que apareceron e da posible relación destes co santuario do Breamo. Puidemos ver, e os nenos tamén, que o concello desta vez ocupouse do desbroce do recinto das dúas mámoas conservadas a carón da entrada ao clube de golf, só que se fixo con tanta intensidade que o tractor esnaquizou os paneis informativos das mesmas e que debían estar ocultos entre os toxos.
Xa no adro da capela de San Miguel comenzamos a relatar aos nenos as características deste santuario de orixe precristiá, a súa importancia relixiosa e social na actualidade e os seus valores artísticos e patrimoniais como monumento declarado BIC, incidindo no significado deste termo para a protección do Patrimonio Cultural da comarca.
Ao remate desta etapa continuamos baixando do monte polo castro de Castrelo ata chegar ao de A Ínsua para, dende alí, continuar camiñando de volta a Miño. Os rapaces e as rapazas de 1º eso A e B prestaron moita atención ás explicacións e participaron con preguntas nas que amosaron o seu interese e curiosidade.
Vaia dende aquí o noso agradecemento por seren tan marabilloso e atento auditorio. Un bico a todos!

No adro da capela de San Miguel |

Os nenos do Castro Baxoi |
Ao remate desta etapa continuamos baixando do monte polo castro de Castrelo ata chegar ao de A Ínsua para, dende alí, continuar camiñando de volta a Miño. Os rapaces e as rapazas de 1º eso A e B prestaron moita atención ás explicacións e participaron con preguntas nas que amosaron o seu interese e curiosidade.
Vaia dende aquí o noso agradecemento por seren tan marabilloso e atento auditorio. Un bico a todos!
venres, 23 de maio de 2014
ACTIVIDADES DE DIVULGACIÓN NO IES "BREAMO"
Por terceiro ano consecutivo fixemos as actividades de divulgación en colaboración co profesor de Antropoloxía e Filosofía do mesmo Víctor Mateo. Como nas anteriores edicións, fixemos primeiro unha presentación na clase (o día 21 de maio) na que explicamos os obxectivos de Ardóbriga, os nosos programas de traballo e o proxectos que desenvolvemos. Seguidamente contamos as circunstancias que nos levaron a realizar a intervención arqueolóxica no castro de A Ínsua.
O día 23 do mesmo mes, e cun pronóstico de tempo bastante malo, decidimos cumprir coa excursión programada, xa que adiala conlevaría adentrarnos en datas de exames moi preto xa do final de curso.
Malia estar o día moi pechado poidemos ensinar aos rapaces a paisaxe arqueolóxic que se pode contemplar en distintos puntos da subida a Breamo como Vistalegre ou A Quintiá, iso si, sen nos baixar do microbús que nos transportaba.
Ao chegar ao cumio do monte parecía que escampaba, e cando nos dispoñíamos a iniciar os comentarios comezou a chover con forza, polo que tivemos que volver ao autobús e narrar aos rapaces os datos que temos para afirmar que no Breamo xa existía un santuario antes de se fundar o convento agostiño que construiu a capela románica que podemos ver hoxendía. Esta antigüidade extenderíase a etapas anteriores á cristianización do territorio.
Finalmente puidemos achegarnos á capela de San Miguel, dar unha volta arredor e comentar algúns detalles do monumento BIC. Seguidamente iniciamos o descenso en dirección ao castro de Castrelo, no que non puidemos entrar por estar todo mollado.
Conforme avanzaba a mañá o tempo ía mellorando. Cando chegamos a Boebre xa era razonablemete bo e puidemos visitar o castro de A Ínsua onde contemplamos a beleza dos acantilados da costa de Boebre e os lugares da nosa intervención arqueolóxica xa coñecida por eles.
Presentación no IES Breamo |
Malia estar o día moi pechado poidemos ensinar aos rapaces a paisaxe arqueolóxic que se pode contemplar en distintos puntos da subida a Breamo como Vistalegre ou A Quintiá, iso si, sen nos baixar do microbús que nos transportaba.
Parte das explicacións fixéronse sen baixar do bus, por mor da choiva. |
Finalmente puidemos achegarnos á capela de San Miguel. |
O castro de Castrelo estaba impracticable. |
Alumnos de 1º bach. da materia Antropoloxía no castro de A Ínsua. Curso 2013-2014 |
mércores, 9 de abril de 2014
I XORNADAS SOBRE PATRIMONIO (continuación)
O domingo día 6, segundo das I XORNADAS SOBRE PATRIMONIO celebradas en Betanzos coa organización de Roxín Roxal, fíxose o programado roteiro de visita por dous dos bens patrimoniais que foran comentados na xornada anterior.
A saída do autobús foi ás 9:30 de Betanzos e a primeira escala fíxose no xacemento do castro de As Travesas, no concello de Carral. Foi comentado por Antón Malde, no seu momento director dos traballos arqueolóxicos desenvolvidos, consistentes nunha limpeza e desbroce do recinto e escavación do sector das entradas ao antecastro e á croa máis unha pequena cata no interior desta. Malde falou da importancia deste castro na encrucillada de dúas importantes rotas de comunicación da antigüidade e da súa grande actividade comercial desvelada a través dos achados da intervencción arqueolóxica.

O segundo lugar visitado no roteiro foi a capela da Virxe da Estrela, en Arteixo, e foi guiada por Xurxo Couto, vicepresidente da Asociación Monte da Estrela, que comentou os traballos do seu grupo para a recuperación deste ben e máis do patrimonio inmaterial a el asociado, principalmente da romaría esquecida despois de 50 anos.
martes, 8 de abril de 2014
I XORNADAS SOBRE PATRIMONIO
Esta fin de semana celebrouse na vila de Betanzos as I XORNADAS SOBRE PATRIMONIO organizadas polos compañeiros da asociación libre de Paderne Roxín Roxal, o patrocinio da Asociación de Desenvolvemento Rural Mariñas-Betanzos e coa coorinación de Sabela Pérez. A finalidade destas Xornadas eran debater, entre as distintas asociación convidadas, sobre a situación do patrimonio cultural e natural, en definitiva patrimonio paisaxístico, do amplo territorio das Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, recentemente declaradas Reserva da Biosfera. A nosa Ardóbriga, de Pontedeume e Miño, tivo a honra de ser convidada a este evento entre outras asociacións que traballan de xeito altruísta pola conservación dun patrimonio que é de todos.
Abriu a quenda de intervencións o arqueólogo Antón Malde cunha disertación titulada Sociedade, Territorio, Patrimonio na que quedaron plantexada as principais cuestións que logo irían desenvolvendo os seguintes interviñentes dende diferentes puntos de vista. A responsabilidade institucional das diferentes administración, a necesidade de deseñar programas de divulgación, de utilizar os medios e as redes sociais, o establecemento de relacións cos centros educativos, a procura de apoio técnico solvente e a formación de equipas de voluntarios foron algunhas das cuestións desenvolvidas polo arqueólogo. Foi moita a satisfacción entre os membros de Ardóbriga ao escoitar as palabras de Malde, xa que sinalaban un camiño moi semellante ao que vimos traballando dende a nosa fundación.
![]() |
Sabela Pérez e Antón Malde |
Seguidamente falou Xurxo Couto en nome da asociación Monte da Estrela que narrou os traballos do colectivo do que é vicepresidente na recuperación da capela da Estrela no cumio do monte que dá nome ao grupo, así como a recuperación do camiño que conduce a ela e dunha romaría esquecida despois de 50 anos.
![]() |
Xurxo Couto. Asociación Monte da Estrela |
A continuación interveu o representante da asociación Ardóbriga, que neste caso foi a cargo do seu presidente Antón Prego. A intervención consistiu nunha descrición breve dos noso obxectivos e os programas que desenvolvemos a partir dunha pequena escolla de desfeitas contra o patrimonio das moitas que podemos observar dentro do nos territorio de acción. Seguidamente falamos da intervención arqueolóxica no coto de A Ínsua en Boebre (Pontedeume), das circunstancias que nos levaron a facela, de cómo se desenvolveu e das conclusións que tiramos como asociación despois desta experiencia. Finalmente, e con non pouca presa, expuxemos unhas declaracións a propósito da declaración de reserva da Biosfera.
Antón Prego. Asociación Ardóbriga. |
Para rematar a quenda da mañá, Fernando Bandín, membro do Padroado da fundación Fragas do Mandeo que falou das actividades que están a levar a cabo de Custodia do Territorio, do traballo voluntario e do plan de xestión de montes cedidos por particularesnos nos que traballan para eliminar especies invasoras, sobradamente a eucaliptización, verdadeira lacra de grande parte do territorio galego. Tras a limpeza do monte plantan castiñeiro de froito micorrizado coa intención de desenvolver en poucos anos unha fraga nova que dea acubillo as especies animais e vexetais autóctonas.
![]() |
Fernando Bandín. Fundación Fragas do Mandeo. |
Pola tarde abriu a quenda de interviñentes Alberto López en nome do Grupo Arqueolóxico Terra de Trasancos, que fixo un relato dos moitos xacementos arqueolóxicos que foron atopando dende a súa fundación en 1991, sobradamente conxuntos tumulares e estacións de gravados rupestres nos concellos de Cabanas, Monfero e Irixoa, facendo unha importantísima aportación ás catalogacións patrimoniais e publicando os seu achados de extraordinario valor en diferentes traballos divulgativos. Ademáis, plantexou os problemas de conservación que presentan estes bens sempre vulnerables a moitas agresións como as derivadas de actividades forestais.
Alberto López. Grupo Arqueolóxico Terra de Trasancos. |
De seguido Iván Franco e Jordi Tato relataron a Experiencia de arqueoloxía pública en Carnota, especial interese tiveron as intervencións no xacemento de Torre dos Mouros e no Castro de Mallou con importante implicación social no desnvolvemento dos traballos, que foron dirixidos polo arqueólogo Antón Malde. Iván Franco, concelleiro de cultura do concello de Carnota, foi o único representante institucional que participou nas Xornadas e foi quen de aportar unha valiosa perspectiva alternativa fronte ás actitudes curtopracistas ou abertamente hostís das meirande parte das autoridades municipais ante a xestión do patrimonio arqueolóxico. A xestión de Franco pasa polo rexeitamento da construción de museos tradicionais e propón a creación de museos abertos e rutas definidas entre os diferentes enclaves a través dunha senda verde que valore o patrimonio cultural, programacións de divulgación e implicación cidadá en torno aos xacementos nas que destacan as barferencias ou charlas divulgativas nas tabernas das aldeas, de grande aceptación.
Jordi Tato e Iván Franco de Carnota. |
Coa mesa redonda remataron as xornadas |
A mesa redonda tratou diferentes temas dos que podemos destacar a necesidade de colaborar todos nun cambio de paradigma nas relacións sociais e institucionais co patrimonio, na busca de nichos de mercado e na diversificación da oferta de produtos culturais que reforcen unha concepción do patrimonio como activo económico. En definitiva, procurar valores económicos que xustifiquen os apoios necesarios das administracións para a protección do patrimonio.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)