14 de agosto de 2010
O castro de Centroña-Perbes ten para a asociación Ardóbriga un especial significado, xa que este xacemento foi en parte o causante de nos constituir como asociación. Do torques achado nos seus arredores tomamos a nosa imaxe de marca e de certa teoría toponímica que sitúa neste lugar a antiga cidade de Ardóbriga tomamos o noso nome.
Por todo isto, e por estar repartido entre os concellos de Pontedeume e Miño, ámbito de actuación da nosa asociación, temos especial interés en desenvolver o que vimos chamando Proxecto castro de Centroña-Perbes que inclúe varios aspectos, un deles é o dalo a coñecer, ensinalo á xente, xa que non se pode protexer o que se descoñece.
Así foi como organizamos, nun caloroso día de agosto, esta excursión que comezou coa concentración dos participantes ás 12:00 no Torreón dos Andrade en Pontedeume, xuntámonos 23 persoas. Iniciamos a marcha tomando o vello camiño que parte do barrio de Porto de Arriba e transcorre cáseque paralelo á estrada CP-4803, que vai de Miño a Pontedeume, pero a considerable altura pola aba Norte do monte de Breamo e que remata na aldea centroñesa de Castrelo. O percorrido por este camiño deparou non poucas sorpresas, xa que apenas era coñecido por un ou dous dos participantes na excursión e fomos moitos os abraiados polos fermosos recunchos e estreitas congostras polas que transcorre nalgúns tramos.
Cando chegamos ás inmediacións do castro decidimos continuar monte arriba para xantar máis cómodamente na área de recreo da capela de San Miguel de Breamo, e deixar a visita ao castro para a tarde.
Despóis da sobremesa, descendimos ata o castro. A contemplación dos potentes parapetos, as grandes dimensións da croa, a claridade estructural do antecastro oeste, a espectacular ubicación do poboado coa ampla visibilidade do Golfo Ártabro, os afloramentos de muros en diferentes lugares, causaron unha fonda impresión nos asistentes máis coñecedores do mundo castrexo. E todo malia non ser a mellor época do ano para facer a visita por mor da mesta vexetación que impediu a exploración do complexo estructural de foxos e parapetos do lado leste, causando certa frustración.
O retorno á vila fíxose pola mesma ruta da ida e a sensación xeral á chegada foi de satisfacción polo agradable do paseo e polo sorprendente do castro. Semella, á vista de todos, que quedan xustificados os esforzos de Ardóbriga pola conservación deste emblemático monumento.

No hay comentarios:
Publicar un comentario