A conservación da microtoponímia dos concellos de Miño e Pontedeume está no mesmo xermolo de Ardóbriga, xa que este foi un dos intereses comúns que nos levaron a constituirmos como asociación. Varios dos actuais membros levabamos xa un tempo recompilando nomes de lugar obtidos a partir das fontes máis diversas.
É por este motivo que dende que escomezamos a programar actividades dentro de Ardóbriga decidimos adicar parte dos nosos esforzos no cumprimento dese obxectivo fundacional creando o noso particular Proxecto Toponimia de Pontedeume e Miño. Asemade, a AAVV de Boebre, que nos cede o seu local para empregalo como sé, pedíronnos hai xa tempo axuda para normalizar os nomes dos camiños e facilitar o tránsito pola parroquia de servicios como correos ou repartos. Así pois, decidimos iniciar o proxecto polas parroquia eumesa de Boebre e pola veciña e miñesa de Perbes, das que,ademáis, xa tiñamos unha boa chea de nomes recollidos en fontes documentais.
O pasado mes de novembro Ardóbriga contacta con persoal do SITGA (Sistema de Información Territorial de Galicia), para ofrecer a nosa colaboración voluntaria no PTG (Proxecto Toponimia de Galicia). Tras varios aprazamentos e demoras chegamos a concertar unha cita nas dependencias do SITGA coa funcionaria encargada de establecer contacto coas entidades sociais colaboradoras como Ardóbriga. A tal fin desprazamos a Santiago unha delegación da nosa asociación formada por dous membros da directiva. Alí, o técnico da empresa contratada pola Xunta transmitiunos, nun exahustivo e intenso curso preparatorio, as instruccións, consellos e materiais cartográficos e de softwhere precisos para o traballo de campo de rexistro da microtoponimia local nos formatos nos que eles traballan. Unha vez rematada esta parte do traballo, enviarémola ao SITGA para o traballo de gabinete e o sometemento a dictame pola CTG (Comisión de Toponimia de Galicia).
Mediado o mes de decembro, convocamos aos veciños de Boebre a unha reunión no local social para informarlos dos traballos que estabamos a desenvolver e a súa finalidade e máis para demandar a súa colaboración, especialmente dos de máis idade, para identificar os topónimos in situ e así poder ubicalos con precisión nas ortofotos que nos proporcionaran en Santiago.
Na semanas e meses seguintes fomos realizando unha chea de fichas con nomes de lugar de diferente categoría, dende núcleos de poboación ata lugares acasarados, dende montes ata leiras, dende fontes ata regatos. Agora estamos a traballar, ademáis, na recompilación dos talasónimos (nomes de lugar costeiros), o que representa unha verdadeira mina de nomes, algún deles verdadeiramente curiosos.
Trátase, en suma, dun traballo ímprobo para o que, dende aquí, demandamos axuda, principalmente para o traballo de campo, pero tamén como informantes. Colaboración, tanto particular como institucional, que nos axude a conservar esa parte inmaterial do noso patrimonio cultural.

No hay comentarios:
Publicar un comentario