Dous feitos confluiron para que a exposición titulada O xacemento arqueolóxico da illa de Sta. Comba chegara a Miño. Por unha banda, o ofrecemento que a Sociedade Columba de Covas (Ferrol) fixo a Ardóbriga dun material de exposición elaborado por eles; e, por outra, a oportunidade que representou o programa de animación á lectura desenvolvido polo Departamento de Biblioteca do CPI Castro Baxoi de Miño.
O ofrecemento da exposición por parte da Sociedade Columba encádrase dentro da política de relación con outras asociacións afíns á nosa e de ampliación de canles para a divulgación dos seus traballos relacionados co patrimonio cultural, neste caso da parroquia de Covas no concello de Ferrol (http://www.sociedadecolumba.com/). A exposición que aquí presentamos amosa o desenvolvemento de dúas campañas arqueolóxicas no castro e na capela de Santa Comba e máis a restauración desta última, traballos feitos coa colaboración da Deputación Provincial de A Coruña.
Por outro lado, o Departamento de Biblioteca do Colexio Público Integrado Castro Baxoi de Miño, que leva varios anos realizando un louvable traballo, programa actividades de animación á lectura vencelladas cada curso académico a un tema diferente na procura do interése de todos os nenos pola lectura e os libros. Despois de traballar outros anos con temas como os dragóns ou a banda deseñada, no presente curso iníciase unha xeira que baixo o xenérico Dende as cavernas ata as estrelas pretende adicar cada ano a un período da historia humana, comezando desta vez pola Prehistoria e as primeiras civilizacións. Ademais, neste colexio traballa como profesor de secundaria un membro de Ardóbriga que non fixo máis que casar o ofrecemento da exposición coa necesidade de materiais de divulgación de tema prehistórico.
O resultado foi moi positivo para os alumnos, so hai que visitar o blog do Castro Baxoi, que tiveron a oportunidade de coñecer unha intervención arqueolóxica realizada por iniciativa dunha asociación cultural de ámbito local e, de paso e gracias a amena charla de presentación que desinteresadamente veu dar o presidente da Sociedade Columba José López Hermida Coñeceron tamén da existencia das nosas asociacións e dos nosos traballos voluntarios e sen ánimo de lucro para dar resposta á necesidade de protección do Patrimonio Cultural.
A exposición permaneceu unha semana no Salón de Actos do Castro Baxoi, pero despois foi trasladada á sala de exposicións do Centro Social de A Rúa, tamén en Miño, onde foi exhibida entre o 21 e o 31 de marzo.

No hay comentarios:
Publicar un comentario