O día 24 de outubro de 2008 nace en Pontedeume a asociacion Ardóbriga como resultado das inquedanzas dun grupo de persoas conscientes do risco de desaparición dun patrimonio cultural que nos foi legado polas xeracións pasadas e do que a sociedade actual semella non ser quen de transmitir para uso e disfrute das vindeiras.

luns, 23 de xullo de 2012

1912-2012: CEN ANOS DO TORQUES DE CENTROÑA



EXCURSIÓN A LUGO A VER O TORQUES

O próximo mes de setembro cumpriranse cen anos do achado fortuíto da xoia castrexa coñecida como Torques de Centroña por un labrego chamado Juan Leira Leira que sachaba nas patacas. Por tal motivo a asociación Ardóbriga prepara unha serie de actividades conmemorativas co fin de lembrar o acontecemento e, de paso, fomentar a conservación e protección do noso patrimonio histórico e cultural por medio do coñecemento do que temos.

A primeira das actividades previstas vai ser unha excursión a Lugo a ver o Torques no Museo Provincial, onde actualmente está exposto, o próximo día 28 de xullo organizada en colaboración coa Asociación de Veciños de Centroña. O programa de actividades vai ser o seguinte:

9:00
Saída en autobús da marquesina da rotonda de Pontedeume.

10,30
 Visita ó Castro de Viladonga.

12,30
 Visita Museo Provincial de Lugo, onde está exposto o TORQUES DE CENTROÑA

Xantar e tarde libres por Lugo
(xantar non incluído)

21.00
Regreso a Pontedeume


Prezo 8 €, inscricións ata o 26 de xullo nos tf. 687709172, 639023323 ou en asc.ardobriga@gmail.com

Ningún comentario:

Publicar un comentario