O día 24 de outubro de 2008 nace en Pontedeume a asociacion Ardóbriga como resultado das inquedanzas dun grupo de persoas conscientes do risco de desaparición dun patrimonio cultural que nos foi legado polas xeracións pasadas e do que a sociedade actual semella non ser quen de transmitir para uso e disfrute das vindeiras.

martes, 24 de xullo de 2012

1912-2012: CEN ANOS DO TORQUES DE CENTROÑA


O CONCELLO DE PONTEDEUME APÚNTASE UN TANTO A EXPENSAS DE ARDÓBRIGA


Foi o 14 de xuño, pero enterámonos hoxe. O Diario de Ferrol titulaba "El concello organiza actos para celebrar el hallazgo del torques de Centroña" e no texto citábase o seguinte: "La responsable del área de cultura, Ascensión María de Vicente Olarte, adelantó a este peródico que en la idea en que se trabaja es organizar, entre otros actos, una marcha senderista hasta el lugar exacto en el que fue localizado el fragmento".


O que no di Dª Ascensión Mª é que a iniciativa da conmemoración do centenario do Torques de Centroña e quen traballa na organización deses actos é a asociación Ardóbriga, e que o concello, ata o de agora, estaba a colaborar non poñendo atrancos, ofrecendo os locais para a exposición que queremos facer e prometendo o contacto coa Deputación de A Coruña para a edición da monografía que socios e colaboradores de Ardóbriga estamos preparando quitando tempo do noso propio lecer.


En canto á marcha sendeirista, igual refírese á realizada un mes antes e organizada pola asociación Roxín Roxal de Paderne coa colaboración de Ardóbriga e á que asistiron non poucos eumeses, entre os que non estaba membro ningún da corporación municipal. Ou acaso a outra que pensabamos facer polo verán, pero que se se fai será organizada por nós. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario