O día 24 de outubro de 2008 nace en Pontedeume a asociacion Ardóbriga como resultado das inquedanzas dun grupo de persoas conscientes do risco de desaparición dun patrimonio cultural que nos foi legado polas xeracións pasadas e do que a sociedade actual semella non ser quen de transmitir para uso e disfrute das vindeiras.

luns, 23 de setembro de 2013

ACTIVIDADES DE DIVULGACIÓN CO CPI CASTRO BAXOI

O 19 de maio repetimos a actividade do IES Breamo de Pontedeume co CPI Castro Baxoi de Miño. Vimos e comentamos a capela e santuario de San Miguel, so que desta vez a meteoroloxía con acompañou.


Malia densa néboa e a fina choiva que nos acompañou toda a xornada poidemos completar o percorrido previsto despois de Breamo polos castros de Castrelo e A Ínsua. No primeiro metímonos por entre a matogueira a petición dos entusiastas rapaces de Miño e percorrimos o castro en toda a súa amplitude mollándonos dabondo. Cando baixamos ao de A Ínsua, ademáis, comenzou a soplar un vento que fixo moi desgradable a etapa obrigándonos a abreviar e iniciar o retorno que tiñamos previsto facer andando ata Miño. Pero os profesores acompañantes decidimos chamar a un autobús para que nos viñera recoller en Perbes porque xa estabamos demasiado mollados.


¡¡¡¡Moi ben polos alumnos e alumnas de 1º eso do Castro Baxoi e o seu infatigable entusiasmo!!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario