O día 24 de outubro de 2008 nace en Pontedeume a asociacion Ardóbriga como resultado das inquedanzas dun grupo de persoas conscientes do risco de desaparición dun patrimonio cultural que nos foi legado polas xeracións pasadas e do que a sociedade actual semella non ser quen de transmitir para uso e disfrute das vindeiras.

luns, 23 de setembro de 2013

VISITA AO CASTRO DE ELVIÑA

O pasado venres día 20 de setembro un grupo de ardóbrigos desprazámonos ata A Coruña para ver os traballos que se están a desenvolver na presente campaña arqueolóxica dirixida polo noso habitual colaborador o arqueólogo Fidel Méndez que nos explicou o plantexamento da campaña e os traballos que se levan feito ata o de agora.




Agardaremos a que os traballos vaian avanzando para noutra visita  facer seguimento das novidades que aparezan.

Ningún comentario:

Publicar un comentario